Boísima película que fai reflexionar sobre a vida, os cambios sociais, a espiritualidade. A voz da experiencia de Tiziano Terzani, narra as súas vivencias e reflexiona sobre elas converténdoas en profundas conversacións co seu fillo, e sobre todo como obxectivo final trata de achegar ao seu fillo a forma de afrontar a súa última experiencia que lle queda por vivir.
Les petits mouchoirs, recomendable 100%, impresionante como nunha mesma película podes pasar de rir ata chorar, a chorar de verdade... sobre todo vale a pena vela en V.O. para apreciar a verdadeira esencia dos personaxes e a cultura francesa dentro do contexto da película.
Deixo o resume da película sacado de (http://www.cines-verdi.com/barcelona/proximamente/pequenas-mentiras-sin-importancia-1857/) :
"Un grupo de amigos ten a costume de atoparse nas súas vacacións de verán. Este ano, deciden non romper esta tradición a pesares de que un deles sofre un accidente en París uns días antes de saír. Xa na praia, as contradicións afloran e a súa amizade ponse a proba. Xuntos veranse obrigados a convivir con esas pequenas mentidas sen importancia que se din cada día."