quinta-feira, 27 de outubro de 2011

As librarías mais bonitas do mundo

Alta Acqua Libreria (Venecia)
libraría Lello e Irmão (Porto - Portugal)
"El ateneo Grand Splendid" (Buenos Aires)

Atlantis Books (Grecia)
Atlantis Books (Grecia)
 
 Interesante escolma das librarías “mais bonitas do mundo” que fai o blogue "Soñando Cuentos". 
A primeira, a Libraría Alta Acqua en Venecia, onde cando a marea sube a libraría énchese de auga e por isto os libros están estratexicamente postos en alto, nunha bañeira, nunha góndola... Este Nadal que irei a Venecia penso buscala! 
A segunda é a libraría Lello e Irmão en Porto (Portugal). Nesta si que estiven, parecía que volvías atrás no tempo, ou que estabas no mundo de Harry Pottter, que de feito foi escenario para algunhas secuencias desta película.
A terceira é a Libraría Grand Splendid, sita no antigo teatro do que colle o nome en Buenos Aires. O parecer conserva toda a súa estrutura, escenario e palcos incluídos!. Un sitio ideal para ler mentres tomas un café no escenario ou gozar da incrible arquitectura do antigo Teatro.
Por último a Libraría Atlantis Books na illa de Santorini, en Grecia. Quen diría desde fora que este é unha libraría! Ler un libro con estas vistas si que debe relaxar!

http://sonandocuentos.blogspot.com/search/label/Librer%C3%ADas%20con%20encanto

Nenhum comentário:

Postar um comentário