domingo, 20 de novembro de 2011

Vincent Bousserez "PLASTIC PEOPLE"

via: yatzer
Este é outra maneira de ver as cousas, outro punto de vista no que as cousas non son o que parece. As miniaturas de plástico de Vincent Bousserez parecen cobrar vida noutra dimensión, a pequena escala e con escenas da vida cotidiana.

sábado, 12 de novembro de 2011

Madeira, brancos, sombras. plumas: fotografía.

Lyla & Blu
Lyla & Blu
Lyla & Blu
Lyla & Blu
Encántame a páxina que atopei de fotografía "Lyla & Blu" onde todas as fotografías están organizadas por: ART, FASHION, ARCHITECTURE e DESIGN.

Fotografía e publicidade

Diesel collection
Diesel collection
Diesel collection
Porque a fotografía o deseño e o interiorismo non están rifados.

quarta-feira, 9 de novembro de 2011

hostal puerto de vigo?

via Lyla&Blue
Encontrei a chapiña do hostal puerto de Vigo! e todo o conxunto! so falta darlle un pouco de cor. Terei que pensalo, :)

domingo, 6 de novembro de 2011

Arte e moda en imaxes, ilustracións.

via Liselotte Watkins
As ilustracións de Liselotte Watkins inspiránme para porme a dibuxar neste domingo chuvioso.

domingo, 30 de outubro de 2011

Cores de Outono

by elena coello
by elena coello
by elena coello
by elena coello

Unha mañá soleada de outono.

sábado, 29 de outubro de 2011

Impresión en 3D

by elena coello

Esta escultura está feita nunha impresora 3D. Neste caso é unha reprodución dun antigo busto dun militar grego. Nas próximas publicacións mais.

Ilustracións




via Piccsy

quinta-feira, 27 de outubro de 2011

As librarías mais bonitas do mundo

Alta Acqua Libreria (Venecia)
libraría Lello e Irmão (Porto - Portugal)
"El ateneo Grand Splendid" (Buenos Aires)

Atlantis Books (Grecia)
Atlantis Books (Grecia)
 
 Interesante escolma das librarías “mais bonitas do mundo” que fai o blogue "Soñando Cuentos". 
A primeira, a Libraría Alta Acqua en Venecia, onde cando a marea sube a libraría énchese de auga e por isto os libros están estratexicamente postos en alto, nunha bañeira, nunha góndola... Este Nadal que irei a Venecia penso buscala! 
A segunda é a libraría Lello e Irmão en Porto (Portugal). Nesta si que estiven, parecía que volvías atrás no tempo, ou que estabas no mundo de Harry Pottter, que de feito foi escenario para algunhas secuencias desta película.
A terceira é a Libraría Grand Splendid, sita no antigo teatro do que colle o nome en Buenos Aires. O parecer conserva toda a súa estrutura, escenario e palcos incluídos!. Un sitio ideal para ler mentres tomas un café no escenario ou gozar da incrible arquitectura do antigo Teatro.
Por último a Libraría Atlantis Books na illa de Santorini, en Grecia. Quen diría desde fora que este é unha libraría! Ler un libro con estas vistas si que debe relaxar!

http://sonandocuentos.blogspot.com/search/label/Librer%C3%ADas%20con%20encanto