domingo, 30 de outubro de 2011

Cores de Outono

by elena coello
by elena coello
by elena coello
by elena coello

Unha mañá soleada de outono.

sábado, 29 de outubro de 2011

Impresión en 3D

by elena coello

Esta escultura está feita nunha impresora 3D. Neste caso é unha reprodución dun antigo busto dun militar grego. Nas próximas publicacións mais.

Ilustracións




via Piccsy

quinta-feira, 27 de outubro de 2011

As librarías mais bonitas do mundo

Alta Acqua Libreria (Venecia)
libraría Lello e Irmão (Porto - Portugal)
"El ateneo Grand Splendid" (Buenos Aires)

Atlantis Books (Grecia)
Atlantis Books (Grecia)
 
 Interesante escolma das librarías “mais bonitas do mundo” que fai o blogue "Soñando Cuentos". 
A primeira, a Libraría Alta Acqua en Venecia, onde cando a marea sube a libraría énchese de auga e por isto os libros están estratexicamente postos en alto, nunha bañeira, nunha góndola... Este Nadal que irei a Venecia penso buscala! 
A segunda é a libraría Lello e Irmão en Porto (Portugal). Nesta si que estiven, parecía que volvías atrás no tempo, ou que estabas no mundo de Harry Pottter, que de feito foi escenario para algunhas secuencias desta película.
A terceira é a Libraría Grand Splendid, sita no antigo teatro do que colle o nome en Buenos Aires. O parecer conserva toda a súa estrutura, escenario e palcos incluídos!. Un sitio ideal para ler mentres tomas un café no escenario ou gozar da incrible arquitectura do antigo Teatro.
Por último a Libraría Atlantis Books na illa de Santorini, en Grecia. Quen diría desde fora que este é unha libraría! Ler un libro con estas vistas si que debe relaxar!

http://sonandocuentos.blogspot.com/search/label/Librer%C3%ADas%20con%20encanto

Pinocho.

Autor: CARLO COLLODI
Ilustrador: ROBERTO INNOCENTI
Tradución: CHEMA HERAS


En galego: “As aventuras de Pinocho” (ISBN 978-84-8464-578-8) Editorial Kalandraka.

Bonita adaptación do clásico de Pinocho ilustrado por Roberto Innocenti e a partir da obra orixinal de Carlo Collodi.

http://www.kalandraka.com/blog/wp-content/uploads/2009/09/Las-aventuras-de-Pinocho.pdf
http://sonandocuentos.blogspot.com/

terça-feira, 25 de outubro de 2011

Deseño creativo


Porque o deseño tamén é cultura, e a creatividade destas formas non teñen desperdicio. A primeira imaxe é un pousa vasos que cando rematas de comer, e estas aburrido pois podes xogar cos anaquiños!
http://www.lilis.fr

segunda-feira, 24 de outubro de 2011

quinta-feira, 20 de outubro de 2011

Foto reportaxe de chocolate


"The makers" by Jennifer Causey.
Este é un dos proxectos fotográficos que máis me chamou a atención, da fotógrafa Jennifer Casey . Son  fotografías que constrúen unha reportaxe moi doce e con moito gusto, falan por si soas. Artesáns do chocolate que ademais conseguen un toque de deseño cos seus orixinais envoltorios.

http://www.themakersproject.com

domingo, 16 de outubro de 2011

Margaridas vermellas

by elena coello
by elena coello
Apetecíame darlle un pouco de cor a casa e que mellor que con estas margaridas vermellas.

quinta-feira, 6 de outubro de 2011

Garance Doré, ilustradora de moda

 
Encántanme estas ilustracións, como a partir de catro liñas Garance Doré consegue tanta expresividade e realismo.