OUFF (Ourense Film Festival)


OUFF (Ourense Film Festival)
Autora: Elena Coello
 

O festival de Cinema Internacional de Ourense é un festival que se presenta anualmente nesta cidade e leva xa 15 edicións. Neste festival presentase unha gran escolma de producións audiovisuais e cinematográficas de Galicia, Europa, América Latina e do resto do mundo. Preséntanse tanto longametraxes como documentais, películas de animación ou novas producións de máis de 100 países distintos.

Tivo os seus comezos no 1996 como Festival de Cine Independente de Ourense, e foi unha inizativa do cineasta Eloy Lozano, autor da primeira curtametraxe en galego “Retorno a Tagen Ata” (1974). A partir deste impulso e promoción do cine galego e a exhibición de filmes de orixe tanto europeo como internacional, naceu este festival na cidade de Ourense. Pero non foi ata 1998 que grazas o Concello de Ourense e da creación do consorcio do Festival Internacional de cinema Independente de Ourense, o festival constituíuse definitivamente.

Na súa XIII edición, no ano 2008, modificáronse as datas do festival, de novembro a outubro, para evitar a coincidencia con outros festivais como o de Huelva, Tesalónica ou o de Santiago de Compostela. Ademais para fomentar o festival creouse unha web como ferramenta de comunicación, promoción e xestión, onde tamén se poden facer as inscricións das películas que irán a concurso de maneira online e en tempo real.
Cidade e cinema en Ourense

Ourense é unha cidade de orixe Romano, é capital termal e está situada no interior e sur de Galiza. A cidade ten 108.674 habitantes e é a terceira cidade de Galicia despois de Vigo e  A Coruña en canto a poboación.
O patrimonio da cidade é moi amplo. Foi cos romanos cando se construíu “a Ponte Vella”, lugar estratéxico que servía para o control do paso do Miño que atravesa a cidade, e da explotación das augas termais das Burgas e outras fontes tamén termais. No século XIII co renacemento orixinado polo bispado, levantouse a catedral que pasou a ser o centro do núcleo de desenrolo do casco vello. Este desenrolo foi tamén vinculado a gran demanda de viño, o florecemento do comercio e a exportación dos viños do Ribeiro que Ourense centralizaba. Foi no século XIX cando a cidade foi declarada capital de provincia e no século XX rexurdiu de novo grazas a chegada do ferrocarril, o desenrolo industrial e comercial. Na actualidade é un núcleo urbano moderno pero cunha gran riqueza cultural e patrimonial que se respira e concentra no seu casco vello de pedra.

Dentro deste patrimonio é importante destacar a actividade cultural ligada a esta cidade reflectida nos históricos equipamentos culturais, como o Teatro Principal (de case dous séculos de vida), outros que desapareceron fai pouco, como o Teatro Losada convertido nun centro de moda. Ou sociedades culturais como no Liceo (o máis antigo, con século e medio de existencia), e o Ateneo que aínda hoxe en día segue en funcionamento e desenrolando actividades.

Festival de cinema Internacional de Ourense


Outros equipamentos culturais que fan de Ourense o centro cultural da provincia, son os centros de exposición públicos como o Museo Municipal ou o Centro Cultural da Deputación, o igual que as súas galerías de Arte privadas repartidas por toda a cidade. Os museos, a pesares de non ser de gran tamaño, non por elo son menos importantes (Museo Arqueolóxico Provincial, Museo Catedralicio, Museo da Cornamusa (orixinal museo de gaitas), e Museo do Tren (con trens a escala).
Por último tamén destacar os grandes espazos culturais onde se celebran os grandes eventos culturais: Expourense (centro de feiras moi importante na cidade), o Auditorio (onde se proxectan algúns filmes do festival de cine), o Arquivo e o Claustro de San Francisco (onde se poden visitar exposicións nun entorno de pedra e natureza no centro da cidade).

Grandes espazos culturais axudan a fixar a oferta cultural. Así pasa con Expoourense (con feiras xa moi consolidadas na cidade). O recente inaugurado Auditorio contará ca nova biblioteca, o arquivo e o claustro de San Francisco.

Todo este dinamismo cultural fomenta na cidade as actividades vinculadas á cultura, entre elas algúns eventos dos que se celebran en Ourense son: en Música (Festival de Jazz, Certame de Música Sacra…), en Teatro ( MITEU, Teatro na Rúa,…) , en canto a Exposcións (Bienal da Caricatura, Bienal do Grabado…) de Fotografía (Outono Fotográfico…), tamén as feiras (Xantar, Imaxe, Nortrans, Termatalia, Expoenter, Megaxove…) e por suposto de Cinema co Festival Internacional de Cinema. 2

Ourense é unha cidade vinculada o cinema, xa que nela naceron importantes directores cinematográficos como Carlos Velo ou Antonio Román e ademais a cidade foi pionera no ano 1976 de organizar as “Xornadas de Cine” ou como lle denominaban “Xornadas del cine de las nacionalidades y Regiones”1. Tal e como describe a noticia publicada no ano 1978 sobre estas xornadas, presentábanse gran número de filmes, tanto nacionais como produccións internacionais que proviñan de diferentes puntos xeográficos ou incluso ciclos informativos sobre rexións como Irlanda, Palestina, Córcega… e tamén filmes portugueses e brasileiros. Pero ademais, nestas xornadas permitían ó público ver produccións galegas rodadas en 16mm case de maneira clandestina, e produccións non estreadas comercialmente ou censuradas. Estas xornadas foron as que marcaron un referente no cine de Galicia.

Modelo del Festival Film Festival (OFF)

Un festival de cine é normalmente una competición de diferentes películas na que se está a procura do recoñecemento mediante premios ou, simplemente, da exhibición do filme por parte de gran cantidade de público. Isto é exactamente o que busca o Ourense Film Festival.
A partires de Outubro de 2007 cando Enrique Nicanor foi designado como director do Festival foi cando se definiu e se deu un xiro profesional ó evento.Neste momento o festival definíase como un instrumento para o desenrolo da industria audiovisual no contexto galego, europeo e internacional.

Festival de cine Internacional de Ourense

A misión deste festival tal e como expresa a súa organización, é dar visibilidade e promoción ante o público e os profesionais do cine ás obras cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras producidas en Galicia e en todo o mundo. Pero tamén perséguese, que Galicia consiga ser un entorno referente co resto do mundo en canto a desenrolo, coprodución e distribución audiovisual. Si se ten en conta o entorno e cultura na que se desenvolve o festival en canto a situación xeográfica e proximidade cultural con Portugal, tamén se entende o obxectivo de querer servir como unha plataforma de traballo para a difusión do cine de ámbito galego e lusófono e a súa proxección ó exterior.

Traxectoria do OUFF

Foron as Xornadas de cine as precursoras deste festival nos anos 70 as que marcaron e abriron camiño a creación no ano 1996 do Festival de Cine de Ourense promovido polo cineasta Eloy Lozano. Pero non foi ata o ano 1998 que o festival se constituíu definitivamente grazas o Concello de Ourense e da creación do consorcio do Festival Internacional de Cinema Independente de Ourense que impulsou o futuro do festival dándolle un apoio institucional que lle faltaba para poder crecer e abrirse paso no ámbito dos festivais de cine independente.

O festival sempre foi pioneiro dese os seus inicios na promoción e exhibición audiovisual en Galicia. Agora xa pasaron 15 anos desde a súa primeira edición e a evolución pódese dicir que é destacable. Conseguiuse un gran impulso ó cine galego e a proxección de filmes internacionais nun entorno que desenrolou a súa a capacidade cultural e industria audiovisual.

Organización, axente impulsor e financiamento

O festival de Cine Internacional de Ourense está legalmente constituído como “Consorcio do Festival Internacional de cine Independente de Ourense”. Este organismo está formado polo Concello de Ourense e da Deputación de Ourense. Ademais tamén colaboran outras institucións asociadas como son a Xunta de Galicia, o ICAA do Ministerio de Cultura e outras entidades colaboradoras e patrocinios do ámbito privado (Coca-cola, Gadis…)

O financiamento do festival é sobre todo institucional, primeiro comezou cas axudas do Concello de Ourense e da Deputación e posteriormente o Festival ampliou o seu financiamento institucional cas axudas da Xunta, do ICAA, do Ministerio de cultura e patrocinios privados e colaboradores, isto último a partir do nomeamento de Enrique Nicanor como director do Festival.

Dentro das subvencións institucionais destacar as que proveñen de Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e outras medidas tomadas polo Consorcio que tamén usa como medio para conseguir axudas que é o “Semprecinema”, un instrumento público privado creado ca antiga Fundación Caixa Galicia para impulsar proxectos cinematográficos.
O proxecto

Actualmente o Festival de Cine Internacional de Ourense está considerado un festival relevante dentro dos eventos audiovisuais e cinematográficos que se celebran en Galicia, tanto pola exhibición de filmes independentes de Galicia e de todo o mundo como polo empurre que está dando o desenrolo da industria audiovisual de Galicia e de España e que conta ademais cunha gran participación iberoamericana, europea e internacional.  Durante a súa celebración pódese considerar que é un evento que ocupa gran parte da comunicación cultural galega con moita repercusión nos medios de comunicación.

A principal finalidade do Festival de cine é dar visibilidade ás obras cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras producidas en Galicia e no mundo, que sirvan como base de promoción e que permitan participar tanto ó público galego como os profesionais nestas iniciativas de creación e difusión de novos proxectos para conseguir que o Festival sexa unha ferramenta impulsora da arte e da industria audiovisual de Galicia, Europa, América Latina e de todo o mundo.

Este festival ten como obxectivo principais ser un punto referente en Galicia, y que este sexa o nexo co resto do mundo en cuanto a formación, desenrolo, coprodución e distribución audiovisual galego e internacional. O máis importante para o festival é que exista unha proxección do mundo audiovisual galego de cara o exterior e que o resto do mundo vexa a Galicia como un referente máis, onde se poida  ir a desenrolar proxectos cinematográficos.

Un punto importante dentro desta proxección bidireccional, é tamén a intención de aproveitar o vencello cultural que Galicia ten con Portugal, para achegar a estas culturas tan comúns e conseguir un punto de encontro moi estratéxico no audiovisual galego / lusófono.

É importante destacar a gran cantidade de premios que cada ano se entregan. Estes premios pódense clasificar en premios oficiais con dotación económica, permisos sen dotación económica e outros galardóns non oficiais pero son entregados por institucións, organizacións e empresas. Os premios económicos oscilan entre os 15.000 euros correspondentes a Longametraxe de ficción, concretamente o “Premio Calpurnia o mellor filme” e premios de 1000 euros, como por exemplo o “Premio o mellor actor”, “premio a mellor actriz”...

O público

O xerente do Festival, Enrique Nicanor, destacou a pasada edición que un dos retos a cumprir no festival é potenciar a asistencia do público as proxeccións. Nos primeiros anos de vida do festival, as salas nas que se proxectaba a filmografía reducíase o Teatro Principal da cidade, sala emblemática na que se facía tamén as entregas dos premios.

En cambio, nas últimas edicións do festival a exhibición dos filmes fanse desde todos os grandes espazos da cidade (Auditorio Municipal, Cinebox, Centro Cultural de la Deputación, Teatro principal…).
Claro exemplo deste incremento de asistentes foi en Novembro de 2007 cando na súa XII edición, púidose dicir que tivo record de participación e foi a partir de aquí que a organización planeou darlle un xiro o evento para impulsalo, darlle continuidade e reforzar a súa imaxe.


Na súa XIII edición, en 2008 cambiáronse as datas da súa celebración para evitar a coincidencia con outros festivais e así poder continuar incrementando a participación do público.
A partir de aquí a comunicación está sendo a clave para promover o festival e seguir aumentando a asistencia do público. A páxina web está servindo como ferramenta principal de comunicación ó exterior e un xurado profesional de alta participación internacional serve tamén como medio de chamamento ó evento.

O organigrama

O Festival de cine foi fundado polo Director e produtor de cine Eloy Lozano, o cal nos anos oitenta conseguiu que fose internacional e ademais independente.

Pero o impulso foi cando o Concello de Ourense en 1998 creou o Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, constituído polo Concello e a Deputación de Ourense. Dentro da súa dirección seguía Eloy Lozano xunto a outros directores e o crítico cinematográfico César Silva. Co paso do tempo a presidencia deste consorcio pasou a mans da Alcaldía de Ourense e posteriormente á Consellería de cultura que nomeou a Enrique Nicanor como director e impulsor do Festival queréndolle dar un xiro á organización que ata agora tiña dito Consorcio.

O Consorcio está legalmente constituído e integrado polo Concello de Ourense e a Deputación, pero ten como colaboracións tradicionais algunhas Institucións asociadas tales coma: a Xunta de Galicia,o ICAA, do Ministerio de Cultura, outras entidades colaboradoras e patrocinios privados.
Comunicación

No ámbito da difusión e a comunicación é destacable a proxección dos propios filmes que compiten e son presentadas polos seus directores, creadores, produtores e actores son parte da ferramenta de comunicación do Festival. A calidade, cantidade e procedencia dos filmes que se presentan cada ano, fan que sexan estes os que provoquen o primeiro impulso comunicativo entre o propio gremio e despois se reflexa no público que segue este tipo de filmes.

Ademais a participación de expertos nos debates dedicados a formación, coprodución e mercado, denominados “Conversas Ou” son espazos que chaman á participación e polo tanto xeran cada vez máis un gran movemento na actividade cultural audiovisual do Festival.

O Festival tamén conta cunha web onde se publica cada edición actualizada, toda a información necesaria para participar  cada ano e cun resume dos premios e palmarés da edición anterior. Ademais que engade tódalas novas relacionadas có sector audiovisual e no ámbito do Festival.

Presuposto

O presuposto variou durante toda a traxectoria do Festival de forma crecente. Na edición do ano 2010 o presuposto foi de 180.000 mil euros, 60.000 €  máis que o ano anterior, o que supuxo un incremento do 50%. Ademais a Deputación de Ourense tamén aumentou a súa participación en outro 50% ata os 90.000 €. O resto das participacións económicas proviñeron das subvencións que a Xunta de Galicia, o ICCA e outros sponsors privados aportaron para o evento.3

O obxectivo que persegue a dirección do Festival é conseguir que nun período de tres anos sexan máis as entidades privadas as que aporten inversión e incluso a Unión Europea, que se pode dicir que comparte obxectivos ca organización, coma por exemplo, na edición do ano 2008 defendía a diversidade cultural co cartel de ese ano.

Perspectivas de futuro

Pódese dicir que desde a primeira edición do Festival ata agora, a evolución foi moi positiva. Seguiu unha traxectoria, na que se conseguiu asentar no ámbito dos Festivais Internacionais, sendo agora un referente dentro do mundo audiovisual galego e destacando cada vez máis a nivel Europeo e mundial

Este ano comezou unha nova iniciativa que complementará a edición que se celebra en outubro. Durante todo o ano planificouse unha serie de ciclos e convocatorias relacionadas co mundo audiovisual e facendo unha retrospectiva dos 15 anos do Festival. Algúns exemplos son a colaboración ca Fundación Vicente Risco, onde incorpora un ciclo de cinema xermano, ca proxección de películas clásicas do expresionismo alemán, así como unha exposición cedida polo Instituto Goethe. Ademais tamén se esperaba outro ciclo de cinema sueco en Maio e outros moitos actos que servirán de marco á celebración do evento no mes de Outubro. En resume, parece que todo indica que a evolución deste Festival é prometedora, ademais a cidade de Ourense ten un entorno cultural moi ligado ao mundo do cinema que fai que este Festival teña boas perspectivas de futuro.

Bibliografía
Alba Colombo; D. Rosselló (2008). Gestión cultural. Estudios de caso (“FiraTàrrega”, cap. 5, pág. 95-112). Barcelona: Ariel.
A. Colombo; D. Rosselló (2008). Gestión cultural. Estudios de caso (“SÓNAR”, cap. 1, pág. 23- 40). Barcelona: Ariel.
Outras referencias e enlaces consultados
1.El país (José Platero, Enero de 1978, hemeroteca digital). Ourense. http://www.elpais.com/articulo/cultura/OURENSE/OURENSE_/MUNICIPIO/Cine/nacionalidades/Orense/elpepicul/19780105elpepicul_4/Tes
2.Portal del Concello de Ourense, Sección Cultural. http://www.ourense.es/portalOurense/fdes_d4_v1.jsp?codResi=1&codMenu=76&codMenuSegundoNivel=37&codMenuPrimerNivel=3&language=es
3. Web oficial del Festival Internacional de cine de Ourense. http://www.ouff.org/2010/index.php/content/view/2434/245/lang,spanish/
4. Web oficial del Consorcio Audiovisual de Galicia. http://www.consorcioaudiovisualdegalicia.org/
5. Biografía de Eloy Lozano. http://www.culturagalega.org/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=15
6. Historia sobre Ourense en el portal de Ourensenet. http://www.ourensenet.com/off/Historia.asp
Imaxe e logos
http://www.ouff.org

Nenhum comentário:

Postar um comentário