domingo, 18 de setembro de 2011

Fira de Tàrrega 2011

by elena coello
by elena coello
by elena coello


by elena coello
Tódalas fotografías están sacadas na Fira de Tàrrega, é unha feira/festival e festa do teatro na rúa. Impresionante despliegue de compañías facendo auténticas maravillas... imposible non pasalo ben.
A primeira foto foi da Compañía: Acrojou Circus Theatre::Espectáculo:The Wheel House (Gravity). Nunha roda facían todo o espectáculo, a temática era a gravidade e era increíble ver como se movían e interpretaban dentro desa roda tan pequena os dous actores loitando contra un desastre natural/nuclear...
A segunda foto é un Títere na rúa tocando o violín, impresionante acústica nese curruncho, enganchoume nada máis escoitalo e por suposto velo, encontrámolo dando un paseo de camiño a outro espectáculo.
A terceira é da Cia. de Dansa del Teatre d'Alaró e o espectáculo chamábase "Moja Bieda". Danza clásica representando o reencontro, o desamor e a morte.
A cuarta foi nun recuncho, onde facían música cunhas campaíñas con moito ritmo!



Nenhum comentário:

Postar um comentário